ConcellosEn portadaÚltima horaVilamartín

Primeira reunión do ano da directiva da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno a Santiago, en Vilamartín

Acordábase como prioritario o "deseño e organización da posta en marcha do Plan de Dinamación 2024-2027

Membros da xunta directiva da asociación reunidos no Concello de Vilamartín de Valdeioirras./ Foto cdedida.

 

Na xornada do luns 4 de marzo tiña lugar no salón de plenos do Concello de Vilamartín de Valdeorras, a primeira reunión de Xunta directiva do ano 2024 da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno a Santiago que preside Enrique Álvarez Barreiro, na que se aproba o estado de contas e peche do ano 2023, xunto coa memoria de actividades da Asociación.

Ademais nesta reunión e en cumprimento do acordo asembleario do pasado 20 de outubro, acordábase como prioritario o “deseño e organización da posta en marcha do Plan de Dinamación 2024-2027 da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno a Santiago, cuxos retos estratéxicos versan sobre a atención ao peregrino, a visibilidade do Camiño, o aumento de alianzas e colaboracións, así como potenciar o desenvolvemento turístico do territorio”.

Tal como indican dend a Xunta directiva, este acordo de posta en marcha do plan de dinamización, estará marcado polo “compromiso e a implicación directa de todos os concellos e municipios socios en coordinación coa asistencia técnica”. Nos próximos días procederase a preparar toda a documentación, así como os equipos que poñerán en marcha o traballo colaborativo dos municipios e que necesitará do referendo e apoio en próxima Asemblea de socios.

Artigos relacionados

Back to top button