DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima horaVídeos

Primeira vitoria da tempada en casa para o Rúa Valdeorras Futsal, ante o Moaña

Cun contundente 12-6 remataba o partido disputado na tarde deste sábado 11 de movembro no pavillón municipal da Rúa

 

Hoxe si. Logo de moito pelexar e tamén sufrir, as rapazas do Rúa Valdeorras Futsal lograban por fin a ansiada vitoria na casa, diante da súa afección.

Na tarde deste sábado 11 de novembro o conxunto valdeorrés de fútbol sala feminino que compite na Preferente Galicia, repetía partido en casa, no pavillón municipal da Rúa, ante o Moaña, e desta volta non só vencía senón que o facía por goleada, 12-6.

 

 

Cunha clara declaración de intencións eran as locais as que se adiantaban no marcador nada máis comezar o partido e aínda que as pontevedresas ían á zaga as de Rosendo Durán lograban manter a vantaxe e a superioridade sumando así a segunda vitoria da tempada (a primeira foi no pavillón do Composala). Os goles locais foron seis de Carlota, catro de Carolina e dous de Marta.

A seguinte cita será no pavillón da Gándara, en Ferrol, contra A Fervenza FSF Narón.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button