DeportesFútbolÚltima horaVerín CF

Primeira vitoria da tempada para o Verín CF, en casa ante o Moraña CF

Cun contundente 3-0 remataba o partido disputado na tarde deste domingo 25 de setembro no campo José Arjiz

 

Adrián Iglesias, Isi, Marcos Vilachá, Germán, Senén, Luís Salgado, Carlos Villar, Sergio, Martín Torres, Luis Fariñas e Hugo García. É o 11 titular co que o Verín CF saltaba ao terreo de xogo na tarde deste domingo 25 de setembro para disputar en casa, no campo José Arjiz, o terceiro partido de liga na Preferente Sur ante o Moraña CF.

 

O adestrador do Verín CF, Juanjo Vilachá.

 

Saíndo ao terreo de xogo.

 

Trala derrota 0-1 en Verín ante o Atético Arnoia, o empate a uns no campo do CD Pontellas e importantes baixas (Brais, Hugo Domínguez, Aitor, Xoel, Alberto Blanco e Peru), os rapaces de Juanjo Vilachá saltaban ao terreo de xogo dispostos a lograr a primeira vitoria da tempada, e así o facían dun xeito ademais contundente.

 

 

Corría o minuto 33 cando Isi abría o marcador poñendo o 1-0 favorable para os verineses. Tralo paso polo vestiario, xa na segunda metade do partido , Luisito marcaba o segundo local (57′), sendo Martín Torres quen sentenciaba o encontro marcando o terceiro gol no minuto 62.

 

Once titular do Verín CF.

 

 

Con este resultado os vermellos suben ata o posto 9º, tendo no Portonovo ao seguinte rival dun partido que se disputará na vindeira fin de semana novamente no campo José Arjiz.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button