ConcellosRubiá

Primeiras Comuñóns na igrexa parroquial de Rubiá

 

En plenas festas da Ascensión, a parroquia de Rubiá vén de celebrar as Primeiras Comuñóns. Na mañá deste sábado 28 de maio, tres cativos deste concello valdeorrés participaban por primera vez do sacramento da Eucaristía recibindo a comuñón (o Corpo e o Sangue de Cristo).

 

Os nenos da Primeira Comuñón, Nadia, Leo e Adriana, coa catequista Mª Carmen e o párroco Daniel.

 

Nadia, Leo e Adriana chegaban a esta cerimonia en torno á celebración eucarística despois das clases de preparación a cargo da súa catequista, Mª Carmen Núñez, sendo o propio párroco, Daniel Pérez Quintela, o encargado de oficiala.

 

 

Fotos: Javier Brasa e cedidas.
Vídeo cedido.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button