OurenseSen categorizarÚltima hora

Primeiros pasos para a posta en marcha do Programa de Vivendas Baleiras

Ourense, primeiro concello en solicitar a adhesión a esta iniciativa impulsada pola Xunta en coordinación coa Fegamp
Un momento da reunión celebrada hoxe, 24 de maio.
Un momento da reunión celebrada hoxe, 24 de maio.

O Concello de Ourense dá os primeiros pasos para a posta en marcha do Programa de Vivendas Baleiras, mediante o cal se trata de mobilizar inmobles desocupados para que a Xunta os blinde con garantías de seguros multirrisco e de cobros.

A cidade das Burgas convértese así no primeiro municipio que solicita a súa adhesión a esta iniciativa impulsada pola Xunta en coordinación coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Outros 7 seguiron os pasos de Ourense e outros 14 solicitaron información previa.

Neste senso, ambas administracions están xa a coordinar as actuacións necesarias para a posta en marcha de forma efectiva do Programa de Vivendas Baleiras. Por este motivo, o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, mantivo hoxe martes 24 de maio unha reunión cos concelleiros de Servizos Sociais e Urbanismo, Sofía Godoy e José Cudeiro, respectivamente. A idea foi explicarlles o funcionamento da medida para paliar os efectos dos desafiuzamentos.

O programa contempla a cobertura de garantías sobre as vivendas e outorga preferencia na adxudicación das vivendas a certos colectivos, especialmente os que estean en risco de exclusión ou con falta de recursos.

Artigos relacionados

Back to top button