ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Probas das sereas de aviso á poboación nas presas das Portas, Cenza e San Sebastián, a finais de xuño

Imaxe do encoro e da presa do Cenza./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Viana do Bolo vén de anunciar que para o vindeiro día 22 de xuño, entre as 11h. e as 13h., co fin de “conseguir o coñecemento por parte da poboación dos Plans de Emerxencia da Presas do Cenza e As Portas vaise facer unha proba de son, que será audible”, no caso do municipio vianés, dende os “seguintes emprazamentos: Fornelos de Filloás, San Cibrao, Pradocabalos, Viana do Bolo e Santa Mariña da Ponte

Por outra banda, o Concello de Viana do Bolo tamén facía público que, ao día seguinte, 23 de xuño, entre as 9h. e as 11h., están previstas unhas serie de probas de sereas aviso á poboación na presa de San Sebastián, que será audible nas seguintes localidades: Pradorramisquedo, Vilaseco, Poboado de San Sebastián, Castiñeira, Cepedelo, A Ermida, Sever, Vilardemilo, Dradelo e Tabazoa de Umoso. Esta actuación forma parte dos Plans de Emerxencia das Presas de San Sebastián ante o risco de inundacións.

Artigos relacionados

Back to top button