ConcellosÚltima hora

Probas de sirenas os días 25 e 26 de xuño en 41 presas galegas, boa parte delas da provincia de Ourense

A medida non afectará á actividade diaria da veciñanza e servirá para comprobar o sistema de aviso acústico que se activaría en caso de rotura

 

A Xunta ten previsto realizar estes xoves e venres, días 25 e 26 de xuño, unha activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas a 41 presas con Plan de Emerxencia. Estas probas teñen un dobre obxectivo; por un lado, que a poboación das zonas afectadas e os medios e recursos adscritos ao plan Inungal se familiaricen co son das sirenas e, por outra banda, comprobar o correcto funcionamento dos sistemas de activación.

Durante a proba sonora activaranse máis dun cento de sirenas situadas por todo o territorio coa colaboración dos titulares das infraestruturas, isto é, Alúmina, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal, Adelanta, e Augas de Galicia.

Tamén participará persoal dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, así como membros de Protección Civil dos concellos afectados, xunto con persoal da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

A maiores, activaranse as catro sirenas adscritas ao plan de emerxencia exterior da balsa de lodos vermellos, situada en Xove.

Estas probas non afectarán á actividade diaria da veciñanza. En calquera caso, a poboación dos lugares nos que o aviso será audible será informada da proba e das medidas de autoprotección previstas en caso de emerxencia.

 

 

Back to top button