Dobre celebración na igrexa de Santa Rita, no Barco de Valdeorras na tardiña deste martes 13 de maio. Coincidindo coa Festa da Virxe de Fátima, daba tamén comezo a Novena na honra Santa Rita que terá o seu día grande o día 22.
Así, só unha despois de que a parroquia ruesa de Fontei celebrase a procesión vespertina que pechaba os cultos da súa patroa, era a parroquia barquense a que conmemoraba a Festa da Virxe de Fátima.

Ás 20 horas e sen chuvia esta vez, celebrábase a procesión polas rúas España, Eloi Rodríguez Barrio e Balorca coa imaxe acompañada polo coro parroquial e resto dos fieis con cirios. A continuación tiña lugar a santa misa e o inicio da Novena a Santa Rita que se celebrará todos os días a esta hora ata o martes 21 de maio.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.



