A RúaConcellosEn portadaÚltima hora

Procesión da Virxe do Carme en Vilela (A Rúa)

 

Cun animado pasarrúas a primeira hora deste domingo, e da man da charanga Nova Terra de Trives, comezaba o día grande das Festas do Carme en Vilela (A Rúa). Un dos momentos centrais da celebración era a procesión coa Virxe do Carme, que partía da capela ás 11:45h., para logo seguir un percorrido que, nesta ocasión, pasará polas rúas do Pacio e Xestal.

 

 

Finalmente a comitiva relixiosa regresaba ao punto de partida, onde se oficiaba a misa, durante a cal algúns membros da charanga uníanse aos feligreses para cantar a misa. Despois da celebración relixiosa viña a sesión vermú coa charanga Nova Terra de Trives na Aira de Vilela. A música volverá pola tarde, ás 20:30h. coa actuación do dúo Eclipse nese mesmo lugar.

 

 

As festas da Virxe do Carme están organizadas por unha comisión formada pola directiva da Asociación de Veciños de Vilela.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button