ConcellosRubiáÚltima horaVídeos

Procesión de San Bartolo en Rubiá

 

Rubiá é unhas das moitas localidades que na xornada deste xoves 24 de agosto celebran a festa na honra a San Bartolo.

 

 

O programa abríase xa onte co espectáculo “Chala 2” para o público familiar na praza do Concello e hoxe tiña lugar o prato forte. En torno ás 12 horas comezaba a procesión coa imaxe da San Bartolo polas rúas do pobo seguida da eucaristía na igrexa cantada polo coro e presidida polo párroco, Daniel Pérez Quintela.

 

 

Hoxe o baile correrá a cargo de Los Players e mañá dunha discoteca móbil. Ademais, o sábado está por confirmar un grupo por conta do que colleu a cantina das festas.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button