ConcellosEn portadaTrivesÚltima hora

Procesión do Santo Cristo da Misericordia polas rúas da Pobra de Trives

 

Menos dun mes despois de celebrar o San Bartolomé, A Pobra de Trives volve estar en festas e como cada 14 de setembro, no mediodía de hoxe a imaxe do Santo Cristo da Misericordia percorría as rúas da vila nun dos actos máis esperados polos devotos, no que tamén sacan a imaxe da Virxe. Entre os asistentes, membros da corporación municipal coa alcaldesa Patricia Domínguez á cabeza e velando pola seguridade, a Policía Local e membros de Protección Civil.

 

 

O apartado musical correu por conta da Banda de Música de Ramirás e a misa estivo oficiada por catro sacerdotes e cantada polo coro parroquial e o pasarrúas e sesión vermú estivo animada pola charanga TDB.

Xa pola tarde, a Banda de Ramirás dará un concerto na praza do Pilón ás 18 horas; e pola noite será a orquestra Galilea a encargada de amenizar a festa a partir das 21 horas na rúa San Martín, en sesión de tarde e tamén verbena.

 

 

O venres día 15 de setembro será de transición entre o Cristo e a Dolorosa, cun concerto de Los Íñigos a partir das 22:30 horas na praza Doutor Paz.

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button