ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

Procesión do Santo Enterro, con cinco pasos, no Barco

 

Tras a procesión do Encontro (ás 9:30h.) e a acción litúrxica da Morte do Señor, que se celebraba ás 17:30h. deste Venres Santo, o programa relixioso da Semana Santa do Barco continuaba coa procesión do Santo Enterro. Partía ás sete e media da tarde dende a igrexa de San Mauro. Numerosas persoas reaizaban este longo percorrido en silencio, acompañando ás imaxes de San Xoán, a Verónica, o Nazareno, o Cristo xacente e a Dolorosa neste Venres Santo.

 

 

Dende San Mauro, a procesión ía en dirección ao centro da vila do polas rúas Eloi Mira, Marcelino Suárez, Estación, e novamente Eloi Rodríguez Barrios e Eloi Mira ata, finalmente, regresar á igrexa parroquial.

Para ás dez da noite deste venres está tamén prevista a denominada procesión “dos Caracois”, xa na vila do Castro.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button