Os devotos acompañaron á imaxe da Virxe polas rúas da localidade
Larouco é un dos pobos galegos cuxas festas patronais honran á figura de Nosa Señora dos Remedios, unha festividade que se celebraba o luns 8 de setembro. Ese día, pasadas as doce e media da mañá comezaba un dos actos máis destacados dos festexos: a procesión coa imaxe da Virxe polas rúas da localidade.
Encabezando a comitiva, membros da banda de gaitas Abertal acompañaban musicalmente á Virxe, levada a ombros por catro mulleres, aos sacerdotes e aos fieis. Trala procesión, a igrexa parroquial acollía a celebración da eucaristía.
E xa pola tarde, os festexos continuaban coa actuación da orquestra Filadelfia encargada de amenizar o baile en sesión de tarde e verbena.
Fotos: Mónica G. Bellver