Galerías de fotosÚltima hora

Procesión do Santo Enterro na Pobra de Trives

O Venres Santo é un dos días máis significativos da semana na que se conmemora a paixón de Cristo dende a entrada en Xerusalén ata o momento da súa resurreción. Por iso, os actos da parroquia da P. de Trives comezaban en torno ás 12h. co Vía Crucis polas rúas da vila, coas imaxes da Dolorosa e do Santo Cristo.

Xa pola tarde, tivo lugar a misa “na morte do Señor” e ás 19h. comezaba a procesión do Santo Enterro coas imaxes da Dolorosa e o Cristo Xacente. O último acto do día foi a procesión da Soidade, que percorre as rúas da Pobra de Trives, iluminadas con veas e cirios.

Artigos relacionados

Back to top button