ConcellosÚltima hora

Propoñen conceder a medalla de ouro de Protección Civil de Galicia ás agrupacións que fixeron labores contra o Covid

O solicitude vén de ser presentada polas agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Ourense, Pontevedra e pola Federación Lucensde de AVPC

Un dos operativos de Protección Civil do Barco durante a emerxencia sanitaria do Covid-19./ Foto cedida.

 

As asociacións de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense, a de Pontevedra, así como a Federación Lucense de AVPC veñen de presentar con data 1 de marzo de 2021 a solicitude para propoñer a todas as agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Galicia que levaron a cabo actividades contra o Covid-19  durante o ano 2020 á medalla ao mérito de Protección Civil de Galicia na súa categoría de Ouro neste ano 2021.

 

Voluntarias da agrupación de Proteccióin Civil de Trives./ Foto: Protección Civil de Trives.

 

“Esta proposta, vén a recoñecer os preto de 100.000 operativos que as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil levaron a cabo dende o comezo desta pandemia. Entre estes operativos destacan o reparto de alimentos e medicamentos, a atención a persoas maiores ou a desinfección en espazos públicos. A actividade do voluntariado de protección civil que se levou a cabo en practicamente toda Galicia, foi especialmente importante en concellos de menos de 5000 habitantes. Onde foron en moitas ocasións o único servizo que se dispuña para atender as necesidades de reparto de alimentos, medicamentos ou de simple compaña a unha gran parte da nosa sociedade, que ademais foron o colectivo mais vulnerable nesta pandemia, os nosos maiores. Que se viron privados de poder acceder as necesidades básicas por mor das restricións a mobilidade impostas polo Covid-19”, tal e como explica o presidente da Asociación provincial de Protección Civil de Ourense, que preside Clemente Pérez.

 

 

Así mesmo, na solicitude presentada tamén se indica que estas agrupacións “enfrontáronse ademais a unha situación descoñecida e en moitas ocasións sen medios de protección e coñecementos axeitados que fixeron aínda mais arriscado e valioso o seu traballo para poder chegar a todas as demandas ás que a sociedade tivo neste período que acaba de cumprir un ano. Os voluntarios e voluntarias puxéronse á fronte do seu labor con toda a entrega precisa, e co seu bo facer de forma completamente altruísta. Dende o primeiro momento, cando se activou o Platerga de Galicia e se declarou o estado de alarma en España. Fóronse neste tempo sucedendo diferentes escenarios da evolución da pandemia que fixeron necesario adaptar a súa actividade as necesidades de cada momento”.

 

Labores de limpeza realizadas por Protección Civil de Petín./ Foto cedida.

 

Nun primeiro momento do confinamento o labor destes voluntarios centrouse no reparto de medicamentos e alimentos, pero logo pasouse a desinfectar “os espazos públicos nos primeiros momentos da apertura motivada pola desescalada. Sen cesar no seu empeño ata estes días, onde a colaboración coas autoridades sanitarias na realización de cribados masivos ou na propia vacinación é a principal actividade neste comezo de 2021 para os voluntarios de protección civil. E seguimos…”, indican dende a Asociación Provincial de AVPC de Ourense. Por iso consideran que “esa entrega e valentía é digna de ter en consideración e de ser reflectida nun recoñecemento público como é o outorgamento pola Xunta de Galicia coa medalla de ouro ao mérito de Protección Civil”.

 

Protección Civil de Manzaneda nunha das feiras da vila./ Foto: Carlos G. Hervella.

A iniciativa partía da asociación provincial de agrupacións de Ourense. “Plantexámoslle a proposta ás outras tres asociacións de Galicia e sumáronse a ela a asociación de Pontevedra e a Federación Lucense de AVPC”, comenta o presidente da asociación de agrupacións de Ourense.

Ademais ende a asociación ourensá pedirase o apoio a esta candidatura dos concellos da provincia. O procedemento de concesión destas medallas ao mérito de Protección Civil de Galicia aparece regulado no Decreto 19/2019, do 21 de febreiro.

Artigos relacionados

Back to top button