Cheo como hai tempo que non se vía estaba o Centro Cultural Avenida da Rúa na noite do domingo 19 de novembro, para asistir ao exitoso musical dos años 80 e 90.
Do reencontro dos amigos do instituto 25 anos despois, reunidos na Movida del Bacalao para lembrar unha época que marcou a vida dos seus protagonistas, ao ritmo da mellor música daquela xuventude sen redes sociais, parte esta comedia musical oitenteira que, da man de Pares o Nones está percorrendo teatros de toda España e onte recalaba na Rúa, compartindo co público a experiencia dos personaxes, cantando, bailando e sendo cómplices de cada un deles. O mellor pop español dos 80 e 90 mesturado con éxitos internacionais e coas mellores cancións do verán que marcaron unha época e que puxo en pé á sala.
E para velar pola seguridade, como fan en cada actividade que se celebrar na vila, membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Rúa asistían no control de acceso.
Fotos e vídeo cedidos.