Malia a preocupación, incertidume e mesmo medo xerado ao longo dos máis de quince días que a poboación leva de confinamento, o estado de alarma trae tamén anécdotas divertidas e momentos inesperados e emotivos.
Na mañá deste luns 30 de marzo, unha veciña da Rúa era sorprendida ás portas do seu posto de traballo (unha farmacia) por voluntarios de Protección Civil que lle deseaban un feliz aniversario (con canción incluída) de parte das súas primas.
Un bonito detalle en medio desta excepcional situación de emerxencia sanitaria.