ConcellosÚltima hora

Protección Civil de Trives pon en marcha unha campaña de recollida de alimentos

Nesta iniciativa solidaria, que se prolongará ata o 5 de xaneiro, esta agrupación conta co apoio do Concello da Pobra de Trives

Baixo o lema “Un Nadal Feliz para Todos” a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, coa colaboración do Concello Da Pobra De Trives, vén de poñer en marcha o 1 de decembro unha campaña de recollida de alimentos non perecedoiros (aceite, legumes, pastas, leite,…).

As persoas interesadas en colaborar con esta iniciativa solidaria poden depositar os alimentos nos puntos de recollida situados en todos os supermercados da Pobra de Trives, “podendo deixar neles a vosa doazón”, din os promotores. Esta campaña estará aberta ata o vindeiro 5 de xaneiro do 2019.

Artigos relacionados

Back to top button