ConcellosO BarcoÚltima hora

Protección Civil do Barco promove unha campaña solidaria para afectados polo volcán da Palma

 

Positiva resposta á campaña de recollida de produtos de hixiene de primeira necesidade para familias afectadas pola erupción do volcán da Palma que Protección Civil do Barco iniciaba onte. A veciñanza respondía rapidamente entregando material nos dous puntos habilatos na vila: un no edificio Multiusos do Barco (terceiro andar), que se mantén operativo; e o outro que funcionaba onte nunha carpa instalada na feira mensual de Viloira. Entre os produtos que se están recollendo inclúense cueiros, xel, champú, desodorante, cepillos de dentes, pasta dental, produtos de hixiene íntima, toallas, roupa de cama, etc.

A esta campaña respondían tamén os alumnos do CEIP Otero Pedrayo de Viloira, que se achegaban a deixar as súas bolsas con material no punto habilitado na feira, onte mércores.

Unha vez clasificado e colocado en caixas, o material doado será remitido por por correo Protección Civil aos necesitados. Deste xeito a agrupación de voluntarios barquense súmase a unha campaña promovida a nivel nacional pola Asociación de Agrupacións de Protección Civil de España para axudar aos damnificados pola erupción do volcán de Cumbre Vieja.

Dende Protección Civil agradecen a resposta cidadá, pero tamén piden “que a xente non compre moito material xunto, senón que vaia doando pouco a pouco, desgrazadamente esta situación vai para longo e mesmo pode cambiar o tipo de material que se necesita, por iso é mellor que entreguen o material pouco a pouco. A campaña vai continuar aberta”.

Fotos: Protección Civil O Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button