
Con motivo da celebración do Día de Rosalía neste 24 de febreiro, e a pesares das restricións e limitacións impostas polo Covid-19, dende o Concello de Viana do Bolo, e máis en concreto dende a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e Centro de Información á Muller, conmemorouse de xeito orixinal esta data.
“Aproveitando a negra sombra que nos deixa a noite, quixemos celebrar o Día de Rosalía cunha pequena proxección no lugar máis emblemático da nosa vila, a Torre da Homenaxe, que hoxe “se viste de gala” para visibilizar a figura da nosa galega máis ilustre”, indican dende o Concello de Viana do Bolo