ConcellosÚltima hora

Proxecto de voluntariado xuvenil, en Quiroga

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitaba esta iniciativa
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, co alcalde de Quiroga./ Foto: Carlos G. Hervella
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, co alcalde de Quiroga./ Foto: Carlos G. Hervella

Inclúe diferentes actividades de carácter formativo e lúdico destinadas aos menores durante as vacacións do verán (traballos manuais, actividades deportivas, repaso escolar…). Así é o proxecto de voluntariado xuvenil que se está a desenvolver no concello lucense de Quiroga. Está en mans de oito voluntarios e tamén apoosta pola realización de certames literarios e distintos concursos (fotografía, camisetas…), ademais de excursións e actividade de “noites alternativos”.

Esta proposta forma parte do programa de Voluntariado Xuvenil da Xunta de Galicia, que permite este ano que un total de 69 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos se incorporen como voluntarios a proxectos solidarios de 8 concellos e 8 entidades da provincia de Lugo. En total, executarán 2.373 xornadas de acción voluntaria, segundo se informa dende a Administración autonómica.

Ovidio Rodeiro, noutro dos momentos da visita./ Foto: Carlos G. Hervella
Ovidio Rodeiro, noutro dos momentos da visita./ Foto: Carlos G. Hervella

Trátase do “primeiro programa en todo o Estado que aposta polo compromiso social directo da mocidade”, aseguraba o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, na visita que realizaba na mañá do 15 de xullo a Quiroga para coñecer de preto este proxecto. Os participantes recibirán ademais unha certificación oficial da experiencia adquirida mediante este proceso de educación non formal. Durante a visita, Rodeiro estivo acompañado polo alcalde de Quiroga, Julio Álvarez.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button