A RúaConcellosÚltima hora

Publicadas no BOP as bases para a contratación dun administrativo como funcionario interino no Concello da Rúa

Casa do Concello da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Na xornada deste martes 26 de xaneiro saíron publicadas no Boletín Oficial da Provincia, ás bases do proceso de selección para a contratación dun administrativo como persoal funcionario interino no Concello da Rúa. Unha convocatoria coa que “intentamos paliar de forma urxente a situación xurdida para que, polo ben de todos, a actividade do Concello non se vexa mermada e poidamos continuar avanzando”, aseguran dende o Concello que iniciou os trámites trala baixa que rexistrou o plantel municipal a comezos de xaneiro.

Tal como se publica no BOP, o obxecto das bases é “a regulación do proceso selectivo e a convocatoria como persoal funcionario a través dun contrato de interinidade, dun/dunha administrativo/a para o Concello da Rúa”. O prazo para a presentación de instancias será de 7 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia.

As bases poden consultarse aquí: PUBLICACION-BASES-BOP

Artigos relacionados

Back to top button