Co son de 22 bombas consecutivas ás 20:22h. da tarce do 2 de xullo celebraban os represantes do proxecto “As Letras de Florencio” o feito de que a Real Academia Galega (RAG) escollese a este poeta corgomés como figura homenaxeada nas vindeiras Letras Galegas do 2022.
“Hoxe vai haber un antes e un despois de Valdeorras por este feito, vai ser un cambio moi significativo para Valdeorras en todos os sentidos”, dicía a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta e principal impulsora da iniciativa.
A concelleira estaba acompañada neste acto polo alcalde do Barco, Alfredo García; polo presidente do Instituto de Estudos Valdeorreses, Aurelio Blanco Trincado; polo repesentante de Vilamartín Juan Guntiñas; a alcaldesa de Petín, Raquel Bautista, e pola directora do proxecto, Débora Álvarez, entre outras persoas.
Ademais aproveitaba para das as grazas a “Débora, ao Instituto que estivo sempre ao noso carón e a FDG que puxo os alicerces para que puideramos estar celebrando este día e a todos os valdeorreses que alí onde estiveran nos amosaron o seu apoio dentro e fóra na comarca”.
Margarida Pizcueta lembraba que son xa case 20 anos os que leva loitando por esa candidatura, que se revitalizaba nos últimos cinco anos.
Neste acto tamén interviñan o rexedor barquense e a directora do proxecto para valorar este recoñecemento da RAG.
Ampliarase información.
Fotos: Mónica G. Bellver.