OurenseÚltima hora

Queixumes dos Pinos presenta o seu videoclip rodado na Ribeira Sacra

Trátase dun proxecto audiovisual onde se mestura o patrimonio material e inmaterial deste territorio

Publicidade

 

O Embarcadoiro de Santo Estevo era o entorno elixido para a presetnación do novo videoclip da agruación tradicional ourensá Queixumes dos Pinos.

Rodado a comezos de verán, Queixumes dos Pinos na Ribeira Sacra é un proxecto audiovisual onde se mestura patrimonio material e inmaterial coa música, a paisaxe e o patrimonio máis singular da Ribeira Sacra. A música e ritmo das pandereteiras conxúgase en harmonía con paraxes tales como O Mosteiro de Santo Estevo, o de Santa Cristina, a mirada Máxica, o Bambán do Solpor, etc…

Desde a agrupación agradecen a colaboración tanto dos Concellos de Esgos, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil, como da Xunta de Galicia e da empresa Hemisferios así como de Visual Q e de todas as persoas que fixeron posible este proxecto ao cal asistiron personalidades do mundo cultural tanto de Santiago de Compostela como de Portugal.

A presentación, conducida polo director de Queixumes dos Pinos José Antonio Viñas acompañado polo Xefe Territorial de Vicepresidencia Manuel Pardo e polo xerente de Hemisferios Antonio Andrade, contou ademais coa proxección do videoclip e do making off, coa actuación das Pandereteiras de Queixumes dos Pinos. Este acto foi

Artigos relacionados

Back to top button