CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Quintela do Pando (Viana) inaugura a súa escola de gaitas

Tres profesores darán clases de gaita, pandeireta e percusión, os sábados pola tarde no local social

Recoller cantares antigos, eses que só os maiores dos pobos lembran, para preservar así a cultura musical galega alén dos tempos, é un traballo no que Xosé Lois Foxo (director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense), leva tempo traballando. E precisamente na procura desas raíces musicais achegábase por primeira vez a Quintela do Pando hai xa máis de quince anos.

Nesta localidade do Concello de Viana do Bolo, Foxo coñecía a Mª Dolores Fernández Basalo a quen lle gravou varios cantares, e sabía tamén da existencia dun gaiteiro de referencia na zona, Albino Pérez, “O Demo de Quintela”. De aí nacería a idea de crear a escola de gaitas en Quintela do Pando, unha iniciativa que se materializaba na tarde do 16 de abril, co acto fundacional.

Da man do propio Xosé Lois Foxo e do xornalista Jesús Salgado, os veciños de Quintela eran testemuños da presentación da Escola de Gaitas “O Demo de Quintela”, en homenaxe ao insigne gaiteiro. Susana García, Álvaro Rúa e Daniel García, membros da Real Banda de Gaitas e presentes no acto fundacional, serán os profesores que se acheguen ata Quintela de Pando cada sábado pola tarde.

Máis información na vindeira edición en Papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button