DeportesÚltima hora

Quiroga acolle a primeira concentración galega infantil e cadete de voleibol

Xogadoras das catro provincias déronse cita no pavillón de deportes quirogués
Xogadoras de voleibol asistentes á primeira concentración en Quiroga.

Hai menos dun mes o Concello de Quiroga e a Federación Galega de Voleibol asinaban un convenio de colaboración para a realización das actividades de tecnificación, supervisión e control que se levarán a cabo no municipio lucense e onte, 1 de novembro, facíase efectiva a primeria das accións.

Un total de 60 rapazas, 45 delas infantís, participaban na primeira concentración da Federación Galega de Voleibol para as categorías infantil e cadete. Foi unha sesión de adestramento voluntaria á que asistiron xogadoras de varios equipos de Lugo (CV Ribeira Sacra, Emevé e Korbis), un de Pontevedra, dous da provincia da Coruña e tamén de Valdeorras.

Esta sesión, que contou coa visita do alcalde de Quiroga Julio Álvarez e do concelleiro de Deportes Andrés Novoa, serviu para unha primeira toma de contacto entre as xogadoras e os técnicos da federación que tomaron nota das aptitudes das xoves promesas paa formar parte do combinado galego de cara aos futuros campionatos de España. A seguinte concentración terá lugar o 6 de decembro, de novo nas instalacións deportivas de Quiroga.

 

Artigos relacionados

Back to top button