Dúas distancias: Marathon de 45km e 1.400 metros de desnivel positivo e Extreme de 67km. con 2.400 metros de desnivel positivo. É a proposta do Quiroga Bike Marathon unha nova proba de BTT de longa distancia que se celebrará o 6 de setembro na contorna do concello lucense de Quiroga e que se poderá facer individualmente ou en parella.
No primeiro caso, haberá categorías absoluto masculino e feminino; máster 40 masculino e feminino; máster 50 masculino e feminino. No segundo, masculina, feminina, veteranos e mixta.
As inscricións, que inclúen regalo exclusivo do evento, paella ao rematar a proba, cronometraxe con chip e seguro deportivo, estarán abertas na web do evento ata o 2 de setembro, con varios tramos de prezo:
– Ata o 31 de marzo: 27 euros
– Do 1 de abril ao 31 de xullo: 30 euros
– Do 1 de agosto ao 2 de setembro: 35 euros