EconomíaEconomíaÚltima hora

Quiroga celebra a súa primeira “Noite Branca” o vindeiro 31 de xullo

A actividade está patrocinada pola Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel

Rúa Real de Quiroga. / Foto: cedida.

 

O próximo venres, 31 de xullo, os veciños de Quiroga poderán desfrutar da primeira “Noite Branca”. A actividade está patrocinada pola Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel. No evento participarán un total de 10 comercios da localidade que extenderán o seu horario habitual e abrirán tamén de 21h a 24h. Os locais estarán engalanados con adornos en branco, cor que tamén estará presente na roupa dos comerciantes. Todas as persoas que realicen unha compra entrarán no sorteo dunha cesta de vales de 10 euros de desconto de todos os comercios participantes.

A celebración da “Noite Branca” coincide tamén co cuarto “Venres de Tapaza”, unha iniciativa gastronómica da mesma asociación pola cal dez establecementos hoteleiros de Quiroga ofrecen unha tapa. Dende a organización, animan á xente a participar en ambos eventos e inciden tamén na necesidade manter a distancia de seguridade e todas as medidas hixiénico-sanitarias derivadas da pandemia do coronavirus.

Artigos relacionados

Back to top button