
A II Summer Begin’s Quiroga xa ten pechado o seu cartel de actuacións. Esta festa da Xuventude, organizada dende a Concellería de Xuventude do Concello desenvolverase o venres 24 de xullo, a partir das 21:00h. O escenario elixido para albergar a festa volve ser o Parque da Constitución, un espazo idóneo para desfrutar ao aire libre das longas xornadas estivais.
Os DJs participantes neste evento, todos eles de renome, garantirán plenamente o formato da festa: música sen parar. O primeiro en actuar será o DJ Sote. Este DJ e produtor galego, está especializado en música urbana e underground; o que o levou a actuar nas mellores salas do norte de España, así como en cidades como en Madrid, Barcelona, Málaga, Granada, Almería ou Tenerife, e incluso fora do país, como en Polonia.
Seguiralle o DJ Borja Solla, unha das promesas do panorama urbano latino. Este DJ e produtor orixinario de Pontevedra postúlase como unha futura referencia no seu xénero. Co Reggaeton como principal ingrediente da súa proposta musical, cando tome o mando da cabina ás 22:30 h., a súa enerxía sen límites deixarse sentir entre o público.
A medianoite os mandos chegarán ás mans doutro DJ galego, Anxo Silva. Amplamente consolidado dentro da escena da música urbana e latina, a súa sesión centrarase en dúas vertentes moi marcadas da música actual: o Dembow:, con ritmos rápidos de orixe caribeña, moi enérxica e enfocada á pista de baile; e o Reggaetón antigo.
Repite nesta Summer Begins, o DJ Dani Daniel. Este recoñecido DJ e locutor de radio valenciano dirixirá a música a partir da unha e media da noite. Dani Daniel é dende hai anos unha figura destacada da movida nocturna, o tardeo e a música remember valenciana.
Samucapi será o derradeiro DJ da noite. Este DJ galego destacado en eventos no norte de España e gañador de varios concursos locais, pechará esta festa da xuventude co seu enfoque musical que busca a máxima animación e interacción da pista de baile, adaptando os ritmos pegadizos da escena urbana aos grandes festivais, mesturando xéneros enérxicos e bailables como o Reggaetón, a Música Urbana, o Latin Tech ou o Funky Brasileño.
Os amantes da música urbana, a electrónica e o bo ambiente xa poden ir marcando o 24 de xullo en vermello nos seus calendarios.
