ConcellosQuirogaÚltima hora

Quiroga celebrará o concurso-desfile de comparsas o Domingo de Entroido

Para participar no desfile é preciso inscribirse antes do 15 de febreiro na Casa da Cultura ou na Sede electrónica do Concello

Desfile do Entroido 2022 en Quiroga./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A comisión organizadora do Entroido de Quiroga vén de presentar as bases do concurso-desfile de comparsas que terá lugar o domingo 19 de febreiro. O desfile sairá ás cinco da tarde dende a rúa Piscinas para percorrer a rúa Real ata a Casa Consistorial onde rematará cun baile de disfraces e unha invitación a chocolate con churros.

Neste concurso desfile poden participar todas as persoas que o desexen, tanto deste Concello coma doutros, sempre e cando se acollan  as dúas modalidades de participación  estipuladas: a Modalidade comparsa (integrada polo menos por dez membros) e a Modalidade disfrace individual (que como  máximo agrupará tres membros por disfrace).

Cada participante nomeará un representante para formar parte do xurado, polo que o xurado cualificador estará composto por tantos membros coma comparsas e disfraces participen no desfile. Os integrantes do xurado despois de asistir ao desfile,  valorarán   a  cada comparsa menos á que representa, valorarán  a orixinalidade dos disfraces, a coreografía, a escenografía, a elaboración de vestiario e a elaboración da carroza.

 

 

Para a modalidade de comparsa establécese un primeiro premio de 600 euros, un segundo premio de 300 euros e un terceiro  premio de 200 euros. O resto das comparsas participantes recibirán 100 euros. Para a modalidade de disfrace individual haberá un único premio ao mellor disfrace dotado con 60 euros. Estes premios diante do Concello, ao remate do desfile.

Para participar no desfile é preciso inscribirse antes do 15 de febreiro na Casa da Cultura ou na Sede electrónica do Concello de Quiroga, onde tamén se poden consultar as bases.

Como remate da xuntanza da comisión organizadora, coordinada por José Manuel Pol, falouse da parte específica para os máis pequenos. Así o luns, día 20 de febreiro, os máis pequenos contarán coa súa festa de disfraces a partir das cinco da tarde no Disco Pub Yoya.

Artigos relacionados

Back to top button