CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Quiroga celebrará o XV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas o 30 de marzo, no marco da Feira do Viño

Este ano estarán presentes 14 bandas, 13 galegas (entre elas a de Quiroga e 6 da provincia de Ourense) e unha do Bierzo

 

Esta mañá a Delegación Territorial da Xunta en Lugo acollía a presentación do XV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas de Quiroga, que se celebrará o 30 de marzo no marco da Feira do Viño. Este ano estarán presentes catorce bandas, 13 galegas e unha de León.

Neste acto interviñan a secretaria territorial da Administración autonómica, Marta Barreiro; o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera; e o director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Lois Foxo.

O desfile de bandas sairá ás 11:30 horas da Casa da Cultura, percorrerá a rúa Real e chegará á praza de España, onde comezará o campionato ás 12 horas. Participarán catro agrupacións da provincia de Lugo: San Martiño de Quiroga, Toxo Queimado de Baleira, a banda de Chantada e a do Concello de Monforte.

Tamén haberá seis ourensás: Nova Fronteira, Real Xuvenil, Ladies Band e as dos concellos de Riós, O Bolo e Esgos. Completan o programa as ferrolás Agarimo de Catabois e San Pantaleón das Viñas; Insua de Caldelas do municipio pontevedrés de Tui e a banda do Bierzo (León).

Artigos relacionados

Back to top button