ConcellosQuirogaÚltima hora

Quiroga comeza coa dotación de novas áreas de descanso na vila

O primeira edificación localízase no entroque da rúa Real coa rúa Lago

Quiroga deu comezo esta mañá de 26 de agosto co derrube dunha das edificacións do entronque da rúa Real coa rúa Lago, onde o Concello vai realizar unha nova área de descanso. Ata este lugar desprazouse o rexedor local, Julio Álvarez, para ver o inicio destes traballos.

Esta mañá comezábase coa demolición á vez que se apartaban os cascallos. Unha parte será utilizaba, tras desfacelos, como recheo do terreo para que quede á altura da beirarrúa, outros materiais como a madeira estanse a retirar. Tamén se pretende tirar unha edificación adxacente a este terreo que ten expediente de ruína (a antiga barbería), pero estes traballos aínda terán que agardar uns meses.

 

O alcalde de Quiroga supervisando as obras.

 

Este terreo abandoado que adquiriu o Concello de Quiroga vaise aproveitar para facer unha zona de descanso de 191 m², que contribuirá a facer o centro da vila máis “útil e bonito”.

O proxecto leva tamén aparellado outro acondicionamento parecido na esquina da rúa San Martiño de Abaixo coa rúa Real. Nesta zona de 61 m² , onde xa loce o mural que representa a unha veciña da praza Maior nas tarefas da vendima, farase unha illa de descanso con bancos e árbores.

Para o acondicionamento destas novas áreas de descanso o Concello de Quiroga asinou un convenio coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda dotado de 76.000€, dos que a consellería aportará o 70% (53.171 €). Ademais destas dúas obras, acondicionarase o estanque entre a Residencia da Terceira Idade e o Centro Social, que se reconverterá nun espazo verde de lecer; actuarase sobre o equipamento e o revestimento da praza de España e melloraranse as condicións de seguridade e salubridade da zona de xogo infantil coa colocación de caucho no parque da Igrexa.

Este proxecto enmárcase dentro do chamado “Plan Hurbe”, un programa posto en marcha no ano 2010 pola Consellería de Medio Ambiente para apoiar ás entidades locais na execución de proxectos e actuacións que contribúan a crear, mellorar ou humanizar espazos de uso público.

Artigos relacionados

Back to top button