EconomíaEconomíaÚltima hora

Quiroga conta definitivamente con PXOM

A conselleira de Vivienda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez Núñez, veñen de asinar a aprobación do plan de ordenación deste concello

Despois de 13 anos de tramitación, Quiroga conta definitivamente cun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda, Ángeles Vázquez, e o alcalde deste concello lucense, Julio Álvarez Núñez, asinaban a aprobación do citado documento. Este novo planeamento pon fin ás Normas subsidiarias municipais do ano 1995; e dá paso a un plan que, en palabras do alcalde de Quiroga, está “na senda do orden urbanístico, económico e sobre todo ambiental”.

Para a conselleira de Medio Ambiente este PXOM representa “un novo marco legal para dar resposta á situación do municipio e outorgándolle seguridade xurídica, coherencia coa realidade territorial e un desenvolvemento sostible do territorio e sobre todo aos máis de 3.200 veciños dun concello que está chamado a crecer”.

Con este Plan Xeral de Ordenación Municipal o solo urbano onde se poderá construír directamente auméntase en 368.500 metros cadrados. Amplíase a superficie de solo urbano nas zonas da Campaza e o Regueiral, na recta do Toucedo, na zona do Poboado e nas zonas San Xulián – As Estradas e Carballeira – Hospital. Ademais desaparecen na vila de Quiroga ás Unidades de Xestión (UGAS) que delimitaban a construción.

Para a elaboración deste plan, que comezou no 2006, tivéronse en conta o 90% das alegacións practicadas ou emitidos polos interesados durante o período de información pública, 272 en total. Sempre que este plan tivo que levarse a sesión plenaria foi aprobado por unanimidade por todos os grupos políticos con representación municipal. A derradeira aprobación foi na sesión plenaria celebrada no pasado mes de decembro.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button