ConcellosQuirogaÚltima hora

Quiroga conta dende hoxe con mobiliario urbano de información

Trátase de soportes publicitarios nos que se colocará a publicidade por medio de carteis impresos

A vila de Quiroga conta dende esta mañá de 21 de agosto con tres Mupis (Mobiliario Urbano como Punto de Información). Trátase de soportes publicitarios nos que se colocará a publicidade por medio de carteis impresos e no que esta mañá parte do equipo de goberno local colocaba o primeiro deles.

 

 

Dende o Concello explican que “aínda que nun primeiro momento pensáranse para colocar a publicidade de actividades que se realizan dende o Concello, a utilización destes soportes estará aberta a toda a cidadanía, centrando nestes puntos toda a publicidade ou información que se xere no municipio”.

Así, as persoas que queiran utilizalos terán que entregar os seus carteis na Casa da Cultura, para que sexa o persoal deste departamento o que se encargue da súa colocación.

 

 

As zonas elixidas para instalar estes soportes publicitarios foron tres dos puntos máis concorridos da vila: na rúa Real, á altura da Praza España e á altura da Casa Consistorial, e nas inmediacións do Centro de Saúde.

Artigos relacionados

Back to top button