CulturaCulturaÚltima hora

Quiroga estreará o seu “Outono Teatral” o 20 de outubro

Será ás 11h. na Casa da Cultura co conto musicado "Arrolar"

 

O Concello de Quiroga pon en marcha o Programa “Outono Teatral”, cun programa de cinco representacións teatrais . Este proxecto vai dirixido a público infantil, familiar e adulto e desenvolverase nos meses de outubro, novembro e decembro.

O obxectivo desta actividade é achegar ás artes escénicas ao maior número posible de persoas por iso dende o Concello de Quiroga queren agradecer a participación da comunidade educativa da vila nesta iniciativa. Así dúas das representacións programadas terán como destinatarios alumnos e alumnas do CEIP, co conto musicado a cargo da Fundación Legar, ”Arrolar” e do IES de Quiroga, “Malas Compañías” de Micromanía Títeres.

 

 

Colaboran económicamente neste programa a Xunta de Galicia a través do Programa “Ler Conta Moito”, a Deputación Provincial a través dos Circuítos de Teatro Profesional e Afeccionado e tamén o Grupo de Teatro “Augas do Sil” de Ribas de Sil.

Artigos relacionados

Back to top button