Despois dunha exitosa e concorrida Feira do Viño, Quiroga céntrase na organización da XXIII Mostra do Aceite o domingo 14 de maio en Bendilló. Este evento, que pon en valor outro dos produtos emblema deste municipio, desenvolverase, como sempre, no lugar das Farrapas, onde a recreación da elaboración tradicional no muíño e a venda do aceite de oliva de Quiroga serán os puntos centrais do evento.
En vindeiras reunións da comisión organizadora seguirase perfilando o programa desta Festa de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2014, e que ata o vindeiro luns 17 de abril mantén aberto o prazo de inscrición.
O número de colleiteiros está limitado a 6 polo que os interesados en participar serán seleccionados por orde de inscricións no rexistro de entrada das oficinas municipais. Requisitos imprescindibles serán contar co rexistro sanitario vixente e ter unha colleita mínima de 200 litros de aceite.