O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e o concelleiro de cultura, José Luis Rivera, representaban nesta xornada a este municipio na Feira Internacional de Turismo, Fitur, en Madrid. Este mediodía estiveron no stand de Galicia, no pavillón adicado á provincia de Lugo, onde coincidiron co presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez.
Esta tarde tiñan tamén previsto acudir ao stand de Turespaña no que a Deputación provincial promociona a provincia a través do cine. Baixo o lema ‘Lugo, Provincia de Cine’, presentase unha promoción do territorio e do turismo a través dos lugares nos que se rodaron películas como “O que arde”, “Dhogs”, “O sabor das margaridas” ou “Live is Life”. Esta última, baixo a dirección de Dani de la Torre, rodou varias escenas en lugares do concello de Quiroga.

E mañá venres tamén estarán apoiando ao Consorcio da Ribeira Sacra. O consorcio presenta o novo logotipo que a partir de agora se utilizará en todo o territorio e promocionarán a recente declaración da Ribeira Sacra, serras do Oribio e Courel, como reserva da biosfera.
Ademais Quiroga como do Xeoparque Montañas do Courel tamén está presente no stand do Goberno de Aragón, no que o Foro Español de Xeoparques realizou a presentación compartida dos 15 xeoparques mundiais da Unesco en España entre os que se atopa o das Montañas do Courel.
Fotos cedidas.