O Concello de Quiroga vén de recibir dende a Xunta de Galicia diverso material de protección “para seguir axudando a evitar a propagación do Covid-19”. Unha aportación que esta administración local agradece.
O material recibido entregado é o seguinte: 350 máscaras cirúrxicas, 300 luvas de nitrilo, 6 botes de 500ml de xel hidroalcohólico, 5 litros de lixivia, 14 traxes antisalpicaduras e 70 batas protectoras.
Foto cedida.