O Club de Tenis Rúa está de noraboa. Un dos seus xogadores, Rafael Gudiña Castedo, vén de proclamarse campión alevín masculino, terceira división, da 3ª proba do Galicia Head Tour disputada no Club Tenis Rial de Vilagarcía (Pontevedra).
Tal como explican dende o club rués, Rafael derrotaba en cuartos de final a Breixo Miranda e en semifinais a Simón Beltrán por 7-6/6-3; vencendo na final a Rodrigo Quintáns por 6-3/1-6/10-8.

Neste torneo tamén participaba, na categoría alevín femenino, a súa irmá Uxía Gudiña que chegaba ata as semifinais onde era derrotada por Marina Quinteiro por 7-6/6-3.

Fotos: C.T. Rúa.



