PolíticaÚltima hora

Rafael R. Villarino anuncia que non continuará como voceiro socialista no Concello de Ourense

Rafael Rodríguez Villarino./ Cedida.

 

O secretario xeral dos socialista da provincia e voceiro municipal do partido no pleno da Corporación de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, vén de anunciar nun comunicado de prensa que “ante a decisión dos órganos da dirección do PSdeG e do PSOE de suspender as primarias na cidade de Ourense, e designar como candidato á alcaldía desta cidade a Francisco Rodríguez, considero oportuno non continuar como voceiro municipal do grupo socialista no Concello de Ourense, pois a designación dun novo candidato debe corresponderse coa dun/dunha novo/a portavoz que transmita as súas directrices políticas ao grupo municipal no seo da actual corporación ata que remate o actual mandato e con vistas ás vindeiras municipais”.

Villarino tamén asegura que  “como socialista estiven, estou a estarei ao dispor do partido e da nova portavocía na cidade, coa debida lealdade, compromiso e respecto”. Así mesmo amosa a súa “gratitude polo recoñecemento percibido cara ao traballo feito, e pola confianza e o agarimo depositados na miña persoa ao longo dos anos nos que tiven a honra de ser voceiro do grupo socialista no Concello de Ourense”.

Tamén sinala que, como socialista, “traballei, e seguirei a traballar, na mellora das condicións de vida na nosa terra. Estou seguro de que co esforzo de toda a militancia socialista brindaremos o futuro que a xente de Ourense desexa e merece”.

Artigos relacionados

Back to top button