ConcellosParada de SilÚltima hora

Ramiro Fernández, veciño de Pradomao (Parada de Sil), cumpre 100 anos

Publicidade

 

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, vén de entregar unhas placa de recordo polo seu cen aniversario a Ramiro Fernández Ferreiro, veciño de Parada de Sil que entra no clube de centenarios deste municipio.

Trátase dun “home sempre hipertraballador en perfecto estado de saúde”, sinala o alcalde, que lle transmitiu o desexo da Corporación de “que siga física e mentalmente como está, en perfecto estado”. Ramiro, que vive na aldea de Pradomao, vén de celebrar con toda a sua familia o seu centenario.

 

Artigos relacionados

Back to top button