PolíticaÚltima hora

Raquel Mª Bautista Carballo será a candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Petín

A actual alcaldesa explica que se presenta novamente como candidata despois de ver “o cariño que me seguen demostrando e me demostran a día de hoxe todos os meus veciños e veciñas”

Raquel María Bautista Carballo.

 

O PSdeG-PSOE volve apostar por Raquel María Bautista Carballo como candidata á alcaldía de Petín de cara as eleccións municipais do vindeiro 28 de maio.

A actual alcaldesa do municipio repite por segunda vez coa intención de “seguir loitando porque Petín medre, por realizar e conseguir investimentos e por traballar porque a veciñanza estea satisfeita de vivir no municipio”. Raquel Bautista explica que se presenta novamente como candidata despois de ver “o cariño que me seguen demostrando e me demostran a día de hoxe todos os meus veciños e veciñas”. Ante esta circunstancia a candidata socialista explica que “visto o apoio, decidín que o meu deber e seguir traballando día a día por e para a veciñanza de Petín”.

A actual rexedora do municipio sinala que “vamos a seguir 4 anos máis, xunto co equipo que me acompaña, traballando por Petín e por seguir realizando obras, actividades e solucionando os problemas cotiás da veciñanza, co obxectivo de que Petín siga adiante e que xente se decida a vir a vivir o noso municipio”.

A candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Petín afirma que “o froito do traballo destes catro anos, imos recollelo nos catro seguintes” e explica que “teño que estar aí, porque non podía, nin debía defraudar a persoa que me animou a presentarme fai 4 anos, nin tampouco aos meus compañeiros, nin a familia, pero principalmente tampouco os meus veciños e veciñas, que maioritariamente votaron para que me elixiran alcaldesa no seu día”.

“Estou orgullosa e feliz de ser candidata do PSOE en Petín”, apunta Raquel Bautista, a vez que fai fincapé en que “a única condición para ser alcalde ou alcaldesa dun municipio, e desexar selo e eu díxeno fai 4 anos, conseguino, e por iso decidín repetir como candidata”.

A candidata socialista indica tamén que seguirán pelexando e reivindicando melloras en competencias doutras administracións. “Vamos a seguir reclamando melloras na nosa comarca e que se solucionen dunha vez as carencias que temos en temas sanitarios e de infraestruturas. É prioritario que non nos esquezan porque sempre fomos os esquecidos o ser unha comarca, dentro dunha provincia do interior. Seguiremos loitando como vimos facendo ata agora porque o hospital comarcal de Valdeorras cumpra cós requisitos para dar un bo servizo os valdeorreses, e por suposto polo arranxo da N-120, a estrada a A Gudiña e a chegada da autovía a Valdeorras”.

Artigos relacionados

Back to top button