CulturaCulturaÚltima hora

Raquel Queizás achega ao Barco o seu espectáculo “O loitador da Galaxia”

 

Sobre o escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco Raquel Queizás daba forma de conto á traxectoria vital de Francisco Fernández del Riego, partindo da súa nenez. “O loitador da Galaxia” é un espectáculo dirixido ao público familiar no que homenaxea a vida e obra do autor homenaxeado neste 17 de maio, Día das Letras Galegas, data da que ademais foi promotor.

Con esta peza de narración oral, Queizás busca dar a coñecer a “este loitador cultural, galeguista incansable” nun “voo cara á Galaxia, a editora que creou xunto con outros compañeiros nunha época ben, ben escura”.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button