O emblemático establecemento, situado na rúa Eulogio Fernández, abrirá as portas con nova xerencia
O vindeiro luns 1 de decembro, a nova xerencia do Hostal Mayo abrirá de novo as portas do emblemático e entrañable establecemento hoteleiro situado na céntrica rúa Eulogio Fernández (Nº 70) do Barco de Valdeorras.
O hostal dispón de 15 habitacións (dobres e individuais) con galerías que dan á rúa, e a peculiaridade de que nalgunhas acéptanse mascotas. Conta con servizo de almorzo e entre as características que destacan dende a xerencia, está a atención a grupos e peregrinos quenes atoparán un ambiente familiar e acolledor que os fará sentirse como en casa.
Fotos: Carlos G. Hervella.