Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Recollida de dorsais para a Carreira contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín, no pavillón do Bañadoiro

Poderán recollerse hoxe ata as 20 horas e mañá de 8:30 a 10 horas

 

A conta atrás para a Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín xa comezou. Apenas quendan 15 horas para que comece a quinta edición desta proba solidaria que se celebrará mañá domingo 27 de novembro a partir das 10 horas.

Na xornada previa, dende as 16 e ata as 20 deste sábado día 26, os membros da organización están no pavillón do Bañadoiro, en Vilamartín de Valdeorras, entregando dos dorsais e mochilas (con camiseta e resto de material). Nese mesmo punto, quen aínda non esté anotado e queira participar poderá facelo mañá, a partir das oito e media da mañá, dende esa hora e ata as dez tamén se poderán recoller os dorsais.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button