PolíticaÚltima hora

Recollida de sinaturas do BNG Valdeorras en defensa da Atención Primaria

 

Aumentar o orzamento destinado á Atención Primaria; incremento e estabiliade dos cadros de persoal; pór en marcha un Plan de retorno, captación e fidelización de profesionais; e a incorporación de categorías novas. Son as catro medidas básicas que segundo o Bloque Nacionalista Galego urxe tomar porque “a Atención Primaria é base; se cae derrúbase o resto do sistema sanitario”.

Por iso, o BNG Valdeorras volvía poñer en marcha nesta última semana de setembro, a campaña de recollida de sinaturas en da Atención Primaria, desta volta cunha mesa instalada dende as 10:30 horas deste luns día 26, na beirarrúa á entrada do Hospital Público Valdeorras.

Malia non ter concretado o día, a idea é seguir recollendo sinaturas noutras vilas como A Rúa.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button