OurenseÚltima hora

Recomendacións da Policía Nacional para unha noite de Halloween máis segura na cidade de Ourense

Foto: Mónica G. Bellver.

 

En relación ás diferentes celebracións que levarán a cabo nos próximos días en relación ao Día de Todos os Santos, desde a Policía Nacional de Ourense quérense achegar algúns consellos de prevención e seguridade. Son os seguintes para a celebración da tarde- noite de Halloween e Samaín:

– Se os nenos van pedir chuches pola cidade, débeselles lembrar que deben facelo sempre en grupo, e nunca acceder ao interior de ningún dos domicilios. Ademais, marcar un roteiro e un horario definidos sería unha idea acertada. Se son moi pequenos, sempre deben ir acompañados dun adulto, e sería aconsellable colocarlles unha pulseira identificativa ou anotarlles un teléfono na man, xa que se se despistan, a súa localización será máis rápida.

– Se se celebra unha festa nun local, debemos informarnos se o mesmo ten licenza e autorización para esa celebración concreta, de se cumpre as medidas de seguridade e onde se atopan as saídas de emerxencia.

– Ao acudir a este tipo de celebracións, nas que adoita haber aglomeracións de persoas, tentemos portar só o imprescindible (chaves, teléfono, diñeiro en efectivo…). As nosas pertenzas deben estar en petos interiores ou pechados e nunca en mochilas ás costas, que escapan da nosa vista e facilitan o seu labor aos descuideros.

– En todas as cidades haberá un dispositivo especial reforzado para esta noite e #ante calquera incidencia os cidadáns pódense dirixir aos axentes que estean de servizo ou a través do teléfono 091.

Desprazamentos no festivo de Todos os Santos

Son moitos os cidadáns que acudirán estes días a localidades próximas, con relación á festividade de Todos os Santos, deixando os seus domicilios baleiros por días ou bastantes horas. “Esta circunstancia é aproveitada polos ladróns, que ademais non necesitan de moito tempo para acceder a un domicilio e roubar no seu interior.Por iso, lembre pechar a porta con varias voltas de chave e na medida do posible, deixe na vivenda dispositivos automáticos que acendan as luces ou algunha radio, facendo que a casa pareza habitada. Doutra banda, non facilite a entrada a persoas descoñecidas aos portais ou leiras das vivendas”, segundo a Policía Nacional.

Así mesmo, a Policía Nacional lembra que non se dubide en chamar ao 091 “se observa xente estraña ou que permanece de maneira indebida no portal, ou se oe ruídos nalgunha vivenda na que sabe que os seus moradores non se atopan”Rec.

Artigos relacionados

Back to top button