ConcellosÚltima hora

Recoñecemento do Concello de Parada de Sil ás mulleres rurais

 

No marco da conmemoración do Día Internacional da Muller, o Concello de Parada de Sil promovía neste 7 de marzo unha homenaxe ás mulleres rurais, tendo en conta ademais o seu papel como “auténticas mantedoras da incrible paisaxe existente no concello e, por ende na Ribeira Sacra, paisaxe que é un elemento determinante a hora de que esta zona sexa declarada Patrimonio Mundial da Humanidade e Reserva da Biosfera”, segundo esta administración local.

O alcade de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, mantiña unha xuntanza con elas durante a cal se servía un chocolate e se comentaba a proposta de que cada ano se homenaxee por estas datas a dúas mulleres concretas, recabando durante a xuntaza a opinión das veciñas.

Finalmente, acordábase que no vindeiro ano 2021 na celebración do 8 de marzo, Día da Muller traballadora, se homenaxee a dúas mulleres do campo emprendedoras.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button