Récord do mundo absoluto de tiro con arco, no Barco
25 de Outubro de 2014
O belga Michael Cauwe lograba 149 dos 150 puntos en arco composto, na IX Tirada ArcoBarcoO belga Michael Cauwe bateu o récord do mundo en arco composto, no Barco.
Na tarde do 25 de outubro, O Barco de Valdeorras lograba un fito deportivo. Un dos 90 participantes na Tirada de ArcoBarco Sala, organizada polo club de tiro con arco barquense, o tirador profesional Michael Cauwe, lograba o récord do mundo absoluto na modalidade de arco composto. Na semifinal, Cauwe eliminaba ao seis veces campión de España Alberto Blázquez, por 1 punto. Así o tirador belga lograba 149 dos 150 puntos “unha tirada case perfecta” explicaba emocionado o presidente do club ArcoBarco, José Manuel Fernández, engadindo que “é un orgullo para o club e para todo Valdeorras”.
MIchael Cauwe con Alberto Blázquez ao que eliminaba na semifinal e o presidente do club ArcoBarco, José Manuel Fernández.A tirada de Cauwe e Blázquez foi tan axustada que o xuíz tivo que comprobala cun compás.Participantes na IX Tirada ArcoBarco Sala.O alcalde do Barco e o concelleiro de Deportes cos arqueiros e membros do club antes da entrega de premios.
Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.