Continúa a rodaxe do documental Herederos del Silencio, iniciada por alumnos do ciclo superior de Produción Audiovisual, Espectáculos e Eventos do CIFP A Farixa, a principios de febreiro. “Agora estamos a perfeccionar os detalles finais para pechar este ambicioso proxecto audiovisual, que visibiliza as historias de emigración desde e cara a Ourense”, indican dende o equipo de traballo.
A rodaxe percorreu diversas localizacións crave da provincia, entre elas Celanova, unha comarca de gran relevancia histórica en canto á emigración. “Grazas ao apoio do Concello de Celanova, este proxecto busca dar voz ás vivencias dos emigrados e conectar estas historias co presente”, din.

O luns renovaban esta segunda xornada na ONG Valores C onde puideron falar e coñecer máis opinións acerca do tema con profesionais do sector como avogados e psicólogos centrados en materia de estranxeiría, “todas estas persoal foron faciles de acceder grazas á ONG”. E onte rodaban no Bar Bohemia, “ao cal queremos mostrar nosa maior gratitude pola súa disposición, atención cara a nós e facilitarnos o local”.

Hoxe, mércores 19 de febreiro, teñen previsto gravar na Ponte do Lonia, “un lugar simbólico para o documental, posto que aquí, a metáfora da viaxe cobra vida, representando tanto aos que inician a súa travesía como aos que a culminan”.
Herederos del Silencio pretende, “non só rescatar a memoria dos emigrantes ourensáns do século XX, senón tamén relacionar estas experiencias coa realidade dos novos migrantes que chegan á provincia”. A través deste traballo, buscan dar visibilidade aos desafíos sociais, emocionais e culturais que enfrontan os emigrados.




